Profesor/a titular de universidade
Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade
Información de contacto
+34 986 802 012
fortunatorf@uvigo.es
Breve CV
Enxeñeiro Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid. (1985). Doutor en Historia das Ciencias e das Técnicas pola Universidade de Vigo. Cámara, Deseñador Gráfico e Animador en RTVE no período 1982 – 1998. Docente no ámbito universitario desde o curso 1993/1994. Impartiu docencia na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, no eido do Arte por Ordenador. Dende 2004 a súa docencia céntrase nos estudos de Comunicación Audiovisual. Actualmente é Profesor Titular na Universidade de Vigo. Os seus intereses de investigación céntranse nas diferentes técnicas de animación, en particular as orientadas o motion graphics e animación de modelos científicos.