Profesor/a titular de universidade
Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade
Información de contacto
+34 986 801 691
albertodafonte@uvigo.gal
Breve CV
Doutor en Publicidade e Relacións Públicas e Profesor Contratado Doutor no Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. Desenvolve a súa actividade docente e investigadora na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra onde tamén ten realizado tarefas de xestión como Secretario de Facultade e Vicedecano de Calidade e Docencia. Na súa vertente investigadora está especializado en publicidade, contidos televisivos e nas súas interseccións e vías de explotación futura a través de pantallas alternativas. En torno a estes temas de investigación ten sido convidado a participar como ponente ou autor en obras colectivas por institucións coma o Consello Asesor de RTVE en Galicia, a Compañía de Radio Televisión de Galicia, a Universidade Nacional de Educación a Distancia, a Universidade Lusófona de Lisboa ou o Consello da Cultura Galega. É membro fundador da asociación de profesionais da publicidade en Galicia Creatividade Galega e editor do seu anuario de 2006 a 2011.