Profesor/a asociado/a
Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade
Información de contacto
Breve CV
Susana Bastón Carballo, licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid (1992) e en CC.PP pola USC (2005). Foi Directora de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela (2011-2015) e Responsable do Gabinete de prensa do Grupo Municipal do PP no Concello de Santiago ( 1995- 2011). Asesora Parlamentaria da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, (agosto 2015-novembro de 2016). Con anterioridade traballou na delegación da Axencia Efe en Santiago de Compostela e foi corresponsal desta mesma axencia estatal na Península do Morrazo. Comezou o seu traballo profesional na Cadena Ser e traballou para varios diarios galegos entre os que se atopan Atlántico Diario e o Xornal Diario de Pontevedra. Docente no ámbito universitario dende o curso 2019/20 como profesora asociada. Dende o curso 2016/17 impartìu clases no IES de Galicia co Programa Xornalismo na Escola, proxecto organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa.